Seguramente maís dunha vez, cando íamos entrar ou rexistrarnos nalgunha páxina ou servizo web, teremonos atopado con algo como isto:

[[Imagen:1-login-form.jpg|221px]]
[[Imagen:2-login-form.jpg|221px]]
[[Imagen:3-login-form.gif]]

{| style="float: right;"
| __TOC__
|}
==Que é OpenID?==
===Descrición do servizo OpenID===
Para non extenderme moito e poder incurrir en imprecisións ou erros, mellor ler na [http://gl.wikipedia.org/wiki/OpenID Wikipedia en galego], [http://es.wikipedia.org/wiki/OpenID en castelán] ou [http://en.wikipedia.org/wiki/OpenID en inglés].

Podemos ver tamén o [http://openid.blogs.es/seccion/quees FAQ de WeblogsSL], [http://openid.es/ OpenID de España] (ambas en castelán) ou o sitio do [http://openid.net/ Proxecto OpenID (oficial)] en inglés.

===Resumindo===

É un sistema que nos permite facer '''un único rexistro''' nun servizo ou páxina web e despois empregar, en moitos outros, unha «etiqueta» fornecida polo sitio de rexistro para crear novas contas, nas que nos identificaremos, sempre e en todas elas, con esta «etiqueta», deixando así de ter que empregar en cada unha un nome de usuario e un contrasinal.

===Vídeo COMO===
Un [http://www.viddler.com/explore/jarboleya/videos/2/ vídeo] (en castelán) realizado por ''Jesús Arboleya'' para [http://www.educasitio.com/como-utilizar-openid Educasitio] que explica detalladamente como crear e usar OpenID.

==Que servidor empregar==
Para os que se inician no uso de OpenID, fago unha recomendación moi xeral empregar os provedores de identifiacións que están listados no [http://openid.net/get-an-openid/ sitio oficial de OpenID], hai moitos outros provedores de fiar, pero se tivera que dar un consello moi concreto referiríame a [https://www.myopenid.com/ MyOpenID] ou a [https://pip.verisignlabs.com/ VeriSign Labs]. Como dato particular dicir que quen esto escribe emprega un OpenID servido por [https://help.launchpad.net/YourAccount/OpenID Launchpad] (de Ubuntu) xa que este é un servizo no que eu teño absoluta confianza.

O que '''non''' empregaría '''nunca''' é un OpenID servido por '''Faceook''', xa que ademáis de todo o que se fala nos apartados pertinentes, dariamoslle información de por onde navegamos e en que páxinas estamos rexistrados.

==Desvantaxes, inconvenientes e/ou riscos de OpenID==
A maior das críticas, algunha moi virulenta, que se lle está a facer a este procedimento, radica no feito de que o servidor de OpenID saberá, xa que «ten que manter un rexistro», en que páxinas estamos rexistrados e con que datos, e queda o temor de que unha vulnerabilidade neste servidor poría en risco TODAS as nosas contas.

Outro problema que se pode presentar é que se o servidor OpenID «cae» quedaremonos sin acceso a todas as páxinas nas que esteamos rexistrados empregando este procedimento, por iso é importante que o servizo dispoña de «replicas» que poidan garantir este servizo.

En base a isto é polo que fago a [[#Que_servidor_empregar|recomendación anterior]] de servidores, e polo que recomendo non empregar o servicio de Facebook (e doutras páxinas) por non seren de fiar.

O que tamén aconsello, por mera precaución, é que '''non poñamos todos os ovos no mesmo cesto'''. Por exemplo, se empregamos Google nas buscas, temos unha conta de correo GMail e o OpenID dependendo do servidor de [http://openid-provider.appspot.com/ Google]], en Google saberan da nosa vida e dos nosos habitos/costumes moito máis ca nos mesmos.

Ligazón recomendada: [http://www.versvs.net/anotacion/openid-seguridad OpenID y seguridad]

==Uso en páxinas de comercio electrónico (e-commerce) bancos e gubernamentais==
Para este tipo de accesos recomendo que SÓ se empregue o acceso a través do DNI-e ou outros sistemas de sinatura electronica da FNMT (Fábrica Nacional de Moneda y Timbre) fornecidos pola AEAT (Agencia Estatal de Administración Tributaria).

==Unha última recomendación==
Tes necesidade, como é o meu caso, ou simplemente eres un «argalleiro» e pensas entrar en páxinas que sabes, ou sospeitas, que non son seguras?

A solución é moi sinxela, actualmente moitos de nos temos unha conta de correo que chamamos «lixo» para facer esos rexistros en páxinas que só pensamos acceder unha vez ou que non queremos que nos afoguen en «spam». Pois o mesmo, creemos un OpenID para estes usos, cunha conta de correo «lixo» e con datos ficticios.

==Ligazóns recomendadas==
*[http://www.maestrosdelweb.com/editorial/openid/ Maestros del web ─ OpenID, descentralizando tu identidad online]

<!-- Categoría: -->
[[Categoría:As redes sociais e a seguranza persoal ─ Os contrasinais]]

--[[Usuario:Miguelbf|miguelbf]] 17:08 13 ago 2010 (UTC)
